anchura
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de ancho.
- Pronuncia: /anˈt͡ʃuɾa̝/ (AFI)
anchura (sg: anchura; pl: anchuras)
- Calidade do que é ancho, do que ten unha extensión grande ou moito espazo libre.
- Nun corpo de dúas dimensións, dimensión menor, oposta á lonxitude.
- Dimensión horizontal de algo, oposta á súa dimensión vertical ou altura.
- Nun corpo de tres dimensións, dimensión diferente á lonxitude e á altura.
- Nun corpo de tres dimensións, dimensión perpendicular con respecto ao observador.
- Diámetro ou medida semellante dun oco ou burato.