agarimo
Aparencia
Grafías semellantes: Agarimo |
Galego
- Etimoloxía: do latín aggremiare, "achegar ó colo".
- Pronuncia: [a.ɣaˈɾi.mʊ] (AFI)
- Homófonos: Agarimo.
agarimo (sg: agarimo; pl: agarimos)
- Expresión física de cariño, afecto, amizade, simpatía, que se experimenta por alguén.
- Manifestación dun sentimento de cariño.
- Exemplo: Mirouna con moito agarimo pero non dixo nada.
- Sinónimos: afabilidade, dozura, tenrura.
- Exemplo: Mirouna con moito agarimo pero non dixo nada.
- (Figurado) Abrigo, protección que se brinda a alguén.
- Lugar onde un se protexe, como tal, da chuvia ou do vento.