afumadoiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino


singular plural
afumadoiro afumadoiros
Afumadoiro para axotar as abellas.
  1. (Carro) Pequenas estacas situadas na parte inferior da cheda do carro, que serven para amarrar o adival que suxeita a carga.
  2. (Alimentación) Espazo ou armario onde se introducen os alimentos para seren afumados.
  3. (Apicultura) Trebello formado por un fol e unha boquilla, que serve para afumar as colmeas e poder achegarse a elas.

Termos relacionados


Véxase tamén