acne varioliforme
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: De acne e varioliforme.
acne varioliforme (sg: acne varioliforme; pl: acnes varioliformes)
- (Dermatoloxía) Acne crónica algo seca, localizada principalmente na fronte, caracterizada pola presenza de grupos de pústulas con cadanseu tapón central duro que, ao desprenderse, deixa un burato profundo.