Wiktionary:Wikidata
A día de hoxe no Galizionario non se fai uso de Wikidata porque os datos actuais de Wikidata non teñen cabida aquí. Porén, existen plans para almacenar datos lexicográficos en Wikidata. A primeira fase dese plan, que permitirá engadir manualmente datos lexicográficos básicos a Wikidata, comezará en abril de 2018.
Que cousas de Wikidata se poden usar no Galizionario?
[editar]Calquera cambio no Galizionario que inclúa o uso de Wikidata debe estar previamente aprobado. Nesta páxina descríbense os usos de Wikidata dentro do Galizionario que están permitidos actualmente, e serve de punto de partida para conversas e votacións sobre que usos se permiten ou non.
Actualmente non hai ningún uso de Wikidata aprobado.
Os cambios que inclúan usos de Wikidata non aprobados revertiranse inmediaramente. Isto aplícase ao uso de Wikidata en entradas, modelos, módulos, categorías, apéndices e calquera outro tipo de páxina.[1] As únicas excepcións, os lugares onde se pode usar Wikidata libremente para facer probas e propostas, son:
- Páxinas e subpáxinas de usuarios.
- Páxinas de conversa.
- Modelos e módulos creados explícitamente para a realización de probas, e usados unicamente nos tipos de páxinas permitidos, os desta lista.
- Modelos e módulos en uso, sempre que os cambios afecten unicamente á saída de diagnóstico, como o seguimento de modelos ou categorías, pero non afecte ao aspecto de ningunha páxina.
Referencias
[editar]- ↑ en:Wiktionary:Votes/pl-2017-06/Wikidata precautionary principle, votación do Wiktionary en inglés adoptada por nós de maneira preliminar.
Véxase tamén
[editar]- en:Wiktionary:Wikidata (o equivalente a esta páxina no Wiktionary en inglés)