Wiktionary:O que o Wiktionary non é
Políticas e normas |
---|
Normas de conduta |
O Wiktionary é un dicionario libre. Dada a definición xeral de dicionario resulta un pouco complicado decidir exactamente que cousas caben aquí. Non obstante, temos unha boa idea de que cousas non pertencen ó dicionario, isto é, o que o Wiktionary non é e non debe ser:
Non é un dicionario impreso
[editar]Isto significa que non ten un límite de artigos, nin de tamaño dos mesmos. Pode (e debe) incluir ligazóns entre os distintos artigos e é actualizada continuamente.
Existe unha limitación para o tamaño dos artigos individuais que depende unicamente da velocidade do navegador usado e das esixencias de lexibilidade. Non obstante, os artigos dun dicionario dificilmente se verán afectado por esta limitación.
Non é unha fonte orixinal de datos
[editar]A información é obra de editores que procuran definicións e información noutras fontes e insiren aquí as entradas orixinais (redacción propia deles), ou completan, corrixen e complementan os xa publicados.
Non é un foro de discusións
[editar]Malia haber áreas para a discusión en cada páxina, e mesmo páxinas para intercambiar ideas da comunidade.
Non é un repositorio de sitios web
[editar]Ou de duplicación doutros contidos. As ligazóns a recursos externos só teñen sentido cando amplían de maneira substancial o contido dun artigo ou fornecen algo que o Wiktionary non pode, como vídeos e imaxes interesantes mais con todos os dereitos reservados. Non é un obxectivo razonable ligar con todos os recursos existentes sobre un tema, senón só con aqueles, seleccionados, que achegan algo importante.
Non ten contido reservado
[editar]Os contidos inseridos deben estar no dominio público ou rexerse por licencias de uso do tipo GNU FDL.
Non é unha enciclopedia
[editar]Para iso xa existe outro proxecto, a Galipedia.
Non é un manual de software ou xogos
[editar]Para iso pode utilizarse outro proxecto, a Galilibros.
A pesar de ter contido libre e actualizado polos editores, o Wiktionary non é un espazo para reflictir informacións persoais.
Posibles medidas a tomar en caso de violación das normas
[editar]- Modificar o contido da páxina.
- Facer un redireccionamento.
- Comunicalo a outros editores ou aos administradores.
- Borre a páxina.