Variola virus

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Galego

Nome científico

Variola virus

Micrografía electrónica de Variola virus

Variola virus é un virus que infecta exclusivamente ao ser humano. Produce a enfermidade da varíola. Despois da erradicación da varíola no ano 1980, oficialmente consérvanse dúas cepas do virus: unha no Centro para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC) de Atlanta, Estados Unidos, e outra no Centro Estatal de Viroloxía e Biotecnología VECTOR («Instituto VECTOR») de Novosibirsk en Rusia. Variola virus é un virus de ADN bicatenario. A existencia de ADN no virus foi determinada en 1940 e a súa estrutura bicatenaria foi descuberta en 1962. A secuencia completa do seu ADN publicouse ao principio da década de 1990.

Véxase tamén

vacina, varíola