Sistema Internacional
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: forma curta de Sistema Internacional de Unidades.
Sistema Internacional
- (Metroloxía) Sistema de unidades de medida universal que define sete unidades básicas ou unidades físicas fundamentais, e define as demais unidades como derivadas destas unidades básicas, coñecidas como unidades derivadas do SI. Úsanse prefixos para abreviar números moi grandes ou moi pequenos. É o sistema de medición máis usado do mundo.
Sinónimos
- Sistema Internacional de Unidades (nome oficial)
- SI (abreviatura)