Papúa-Nova Guinea
Aparencia
Grafías semellantes: Papua Nova Guinea , Papúa Nova Guinea , Papua-Nová Guinea |
Galego
- Etimoloxía: calco do inglés Papua New Guinea; composto de Papúa e Nova Guinea.
Papúa-Nova Guinea
- País da Oceanía que ocupa a metade oriental da Illa de Nova Guinea, e unha serie de illas e arquipélagos, a leste e a nordeste, aínda que sempre na Melanesia. A única fronteira terrestre que ten é coa Indonesia, a oeste, mais ten fronteiras marítimas con Palau e mailos Estados Federados de Micronesia, a norte, coas Illas Salomón, a sueste, e coa Australia, através do Mar de Coral, Estreito de Torres e Mar de Arafura, a sur. Capital: Port Moresby.