Conversa:pracer
Nova secciónA conxugación que se amosa neste artigo está errada. O verbo "pracer" en galego é moi irregular. A 1ª persoa do singular do antepretérito é "prouguen", no pluscuamperfecto é "prouguera". Do mesmo xeito, esta raíz reaparece na formación do pluscuamperfecto e do futuro de suxuntivo; "prouguese" e "prouguer", respectivamente. Nos verbos regulares o futuro de subxuntivo coincide co infinitivo conxugado, mais nos irregulares o futuro de subxuntivo fórmase a partir do antepretérito.
Ademais, cómpre prestarmos atención á ortografía. En galego dise persoal, sen N. Isto vai referido aí onde pon "formas personais", que tamén está errado.
A familia léxica de persoa é: persoa, persoal, persoeiro, personaxe, personalidade, personalizar, personalizado, etc.
As palabras máis novas, e que menos tempo levan na lingua, manteñen o N latino que perderon as palabras patrimoniais coma "persoa". --Killerwhale 02:32, 25 maio 2009 (UTC)
- Grazas por colaborar connosco. Os erros serán corrixidos axiña. [ Furagaitas * ] 02:52, 25 maio 2009 (UTC)
- Creo que xa o arranxei--Raspiñeiro 23:03, 26 maio 2009 (UTC)
Grazas. Porque o que son eu, non teño nin idea de como modificalo. --Killerwhale 01:09, 29 maio 2009 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "pracer"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wiktionary sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "pracer".