Saltar ao contido

Conversa:pexegueiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Segundo o Xerais, melocotoeiro e pexegueiro son árbores semellantes, pero dá o mesmo nome científico ás dúas. O DRAG recólleas en dúas entradas distintas e define cada unha; non dá nome científico e en melocotoeiro engade "Cf. pexegueiro". Constantino García traduce o primeiro como melocotonero e o segundo como pérsigo. A "Nomenclatura vernácula da flora vascular galega" dá para as dúas o mesmo nome científico (Prunus persica (L.) Batsch.) e dá os dous nomes comúns dentro dunha mesma longa lista de sinónimos e variantes. O DRAE tamén define melocotón e pérsigo=pérsico cada un pola súa conta. Pode ser que sexan variedades con algunha sutil diferencia que non vexo por ningures. Pedro --Lameiro 21:49, 4 outubro 2008 (UTC)

Ata onde eu sei, todas son variedades de Prunus persica (incluídas as pavías e os peladillos). Melocotóns chámaselles normalmente ós de pel encarnada e polpa alaranxada, mentres que os pexegos poden ser unha variedade máis pequena, de pel tirante a verde e polpa entre branco e verde, ou ben os propios melocotóns. Furagaitas* 17:08, 6 outubro 2008 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "pexegueiro"

Iniciar unha conversa