Saltar ao contido

Conversa:patumeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Esta palabra aparece documentada no Glosario de Voces Galegas de Hoxe (1986) e no Diccionario normativo galego-castelán (1988/2000). As enquisas do ALGa non a recollen, pero si patoña e batuñeira, seguramente da mesma orixe. Polo tanto, aínda que non apareza recollido no VOLGa, opino que debería conservarse, sen prexuízo de pórlle algunha mensaxe de advertencia. [ Furagaitas * ] 13:13, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Se é cunha mensaxe de advertencia, non me opoño. Algunha idea sobre onde situar dita advertencia ou como presentala? ─ GallaecioE logo? 14:12, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Porén, no que respecta ao seu uso nos artigos ou á súa referencia ─como sinónimo, etc.─ dende outras entradas, teño as miñas reservas. De primeiras, eu a trataría como unha palabra doutra lingua ─utilizando sinónimos en vez de unha descrición─. ─ GallaecioE logo? 14:46, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Si, esa era a miña idea: que remitan a formas normativas. Cabo patumeira hai outras máis populares como irmao, pelexo, que por un motivo ou outro non son admitidas en rexistros cultos. Á hora de ligalas desde outras páxinas pensara nun apartado distinto de Sinónimos (Variantes, Formas non estándar, non sei). E no mesmo artigo, unha mensaxe de advertencia; non sei cal é o mellor lugar para esta mensaxe, xa que pode facer referencia a todo o artigo ou a unha soa acepción. Hai xa algún modelo por aí ({{BARBARISMO}}, {{hiperenxebrismo}},...) pero non me acaban de convencer. [ Furagaitas * ] 23:22, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Paréceme ben o que propós. Con respecto do modelo a usar, para o caso das palabras (non das acepcións) paréceme ben un do estilo dos que nomeaches ─aínda que o do vermello no de barbarismos non me acaba de convencer─. En principio, se o que se listan son os sinónimos en galego normativo, quizais estaría ben unha mensaxe curta que indicase que a forma non é normativa (dun xeito que non pareza que se despreza a normativa, que é un sentimento que ten moita xente, a verdade), e que asemade indicase que a continuación se listan as formas normativas equivalentes. Realmente non teño moi claro como abordar o tema. De todos xeitos, coido que o mellor sería abordar dun xeito distinto os casos de palabras non normativas e acepcións non normativas. De feito, non estou seguro de como abordar o segundo caso. ─ GallaecioE logo? 13:55, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "patumeira"

Iniciar unha conversa