Saltar ao contido

Conversa:melidán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

O xentilicio de Melide é melidao/melidá (para persoas) ou melidense (para cousas). Non sei se é aquí onde se avisa destas cousas. Un saúdo. Un filólogo de melide. P.S.- Para verdes que é así só hai que botar un ollo á toponimia da zona (p. ex. S. Romao ou S. Cibrao) ou apelidos tan ilustres na vila como Ribeirao. O anterior comentario fíxoo 193.144.79.133 (disc. • contribs) o 9 de xaneiro do 2009 ás 13:51

  • Moitas grazas polo dato. As formas melidao, melidense e melidán son as aceptadas polo VOLGa para ese xentilicio, sen a distinción persoal/impersoal. Porén, non creo que a alusión á onomástica sexa o mellor xeito de aboar o léxico común, máxime cando non se fai referencia á palabra en cuestión. [ Furagaitas * ] 14:05, 9 xaneiro 2009 (UTC)

Non hai de que. O único que non entendo é porqué pondes de forma preferente melidán que é unha terminación impropia da fala local (mao, irmao, etc..., e non só na toponimia, que para min son os monumentos mais importantes a ter en conta no caso dos xentilicios). E por favor, non me fales do volga..... é un sufrimento para quen temos de traballar con el, precisamos un dicionario ao xeito! Un saúdo. O anterior comentario fíxoo 91.117.54.102 (disc. • contribs) o 10 de xaneiro do 2009 ás 13:32

  • Supoño que o de forma preferente dilo polo artigo Melide da Galipedia (Wikipedia en galego). Isto é o Galizionario (Wiktionary en Galego), proxecto irmán da Galipedia, pero en certa medida independente un do outro. O VOLGa é aceptado de maneira oficiosa pola maioría dos colabores do Galizionario (se ben pretendemos oficializar as nosas fontes nun futuro ¿próximo?) por ser a principal referencia da normativa oficial no que a léxico se refire. E en dita obra ningunha das tres formas figura como preferente. Animámoste, non obstante, a colaborares connosco para crear ese dicionario ao xeito do que fas mención. [ Furagaitas * ] 19:25, 12 xaneiro 2009 (UTC)

Pois si que era por ese artigo... primeiro de todo obrigado polo convite e desculpa por ter levado ti "as culpas". Acho que non hai mellor primeira colaboración que intentar clarificar este xentilicio. Consultei algún outro manual de lingua e só recollen as formas que antes defendín. Tamén quería animarvos a serdes críticos tamén coas acepcións oficiosas (nin o Volga é perfecto). Asegúroche que a distinción de xentilicio por +/- humano faise, así como que nunca escoitarás a un veciño desta vila (e arredores) que chame a outro de "melidán", que non tivese en conta isto antes ninguén non significa que non sexa así e que non se deba de ter en conta en futuras ocasións (mais isto só é unha opinión. Con todos os respetos. Un saúdo.O anterior comentario fíxoo 193.144.79.133 (disc. • contribs) o 13 de xaneiro do 2009 ás 13:02

  • Grazas novamente. Son da opinión de que toda información (incluso a que carece de fontes documentais) tén cabida no Galizionario. Pero a Wikimedia (organización matriz de Wiktionary e Wikipedia) ten, entre outros, un principio fundamental: Wikipedia non é fonte primaria (é dicir, non se debe empregar para publicar investigacións ou traballos inéditos). Atentamente, e para o que gustes: [ Furagaitas * ] 12:32, 13 xaneiro 2009 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "melidán"

Iniciar unha conversa