Conversa:azúcar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eu sempre ouvín "sucre" ou "asucre". Esta entrada fixenna eu.--Baaden 02:24, 11 xullo 2008 (UTC)

A forma azúcar non aparece recolleita no volG, seguramente por ser considerada castelanismo. Non obstante, azúcar tamén se emprega no galego; de feito, a forma normativa azucre (e outros derivados como zucre, azruque, etc) seguramente deriven de azúcar (> azúcare > azucre). De momento optei por mover o contido do artigo para azucre e reservar esta entrada para a forma castelá soamente. As formas con 's' ás que fas referencia deben ser propias de zonas con seseo. Furagaitas* 16:08, 11 xullo 2008 (UTC)
(Por certo: onde Baaden di entrada quere dicir comentario) Furagaitas* 16:13, 11 xullo 2008 (UTC)