Conversa:Aitor
Nova secciónAparencia
Segundo a Mesa escríbese "Aitor ([aj'toɾ])" pero debe pronunciarse "Áitor (['aj.toɾ])"? Algo debe andar mal, xa que en principio en galego a escrita reflicte a pronuncia, non hai "sorpresas" como pode ser en inglés ou francés. Se "Aitor" é unha palabra grave, debe cumplir que:
- Levan acento gráfico as palabras graves ou paroxítonas cando rematan en consoante distinta de -n ou -s e en grupos consonánticos distintos de -ns. Así: móbil, carácter, alférez, fórceps,bíceps, Félix, clímax. Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba: amábeis.
De todas formas, a Mesa non é unha autoridade en materia lingüística (creo), así que non sei se podemos fiarnos. --Norrin strange 06:07, 14 de xullo de 2011 (UTC)
- En efecto, non son autoridade en materia lingüística. O problema que temos é que cos nomes non hai ningunha autoriade dese tipo, ata onde eu sei :( ─ GallaecioE logo? 10:38, 14 de xullo de 2011 (UTC)
- Concordo con Gallaecio. Por outra banda, ¿de onde tiras que en galego é unha palabra grave? [ Furagaitas * ] 14:22, 14 de xullo de 2011 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "Aitor"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wiktionary sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "Aitor".