Saltar ao contido

Axuda:Benvidos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Atallo:
WD:BV

RECIBA A NOSA BENVIDA AO GALIZIONARIO!

O Galizionario é un dicionario en continua actualización, escrito grazas á colaboración dos seus lectores. Este sitio web é un wiki, iso significa que calquera, incluído vostede, pode converterse en editor, e mellorar ou crear calquera entrada.

[editar]
Artigo principal: Axuda:Procura

O Wiktionary contén unha enorme cantidade de palabras en calquera lingua e de todo tipo. Para explorar un asunto pode seguir as categorías. Para iso, vaia á Páxina principal e, desde alí, comece a navegación. Tamén pode buscar palabras nas entradas ou nos títulos das mesmas. Para iso, pode usar a caixa de busca que hai á esquerda e escribir na mesma o texto da procura. Cando o servidor estea saturado, a opción de busca pode estar deshabilitada; neses casos será redirixido ao formulario de busca do Google, que procura na base de datos do Wiktionary. Ademais, hai algúns outros modos alternativos de buscar no Wiktionary.

Se vostede observa algún erro nunha entrada -especialmente se intúe que poida ser un asunto controvertido-, por que non deixa unha nota na páxina de conversa desa entrada?

  1. Primeiro, seleccione a ligazón discusión (nas lingüetas de enriba) para ir á páxina de conversa.
  2. Logo, seleccione Editar, ou prema en "Engadir un comentario", segundo desexe editar a páxina de conversa ou engadir un novo comentario nela.

Editar

[editar]
Artigo principal: Axuda:Como editar unha páxina

Calquera pode editar calquera das entradas do Wiktionary (mesmo esta páxina!). Prema na ligazón editar, presente na parte superior da páxina, se pensa que o artigo precisa dalgunha mellora ou se quere incluír nova información; agás aquelas páxinas que estean protexidas ou sexan especiais, o resto pódeas editar ser problema. Para realizar esta acción, non necesita ningunha atribución especial, nin sequera estar rexistrado, aínda que sería preferible que o estivese.

Se quere experimentar primeiro, sen riscos de cometer erros, pode usar a Zona de probas, onde pode practicar os efectos da edición. Para comprobar o resultado da edición dunha páxina como esta, copie e pegue dende o modo de edición do artigo dentro da caixa de edición da Zona de probas, logo, cando estea seguro dos resultados, xa pode facer unha edición real.

Un modo sinxelo de comezar axudando é usar o Wiktionary como se fose un dicionario normal: cando atope un problema (como pode ser un erro na escrita dunha palabra, ou unha definición pouco clara) prema en editar e corríxao.

Políticas e normas

[editar]
Artigo principal: Axuda:Política e normas

Temos unhas políticas e normas que debe seguir. Os dous principios máis importantes son a licenza GPDL e o respecto:

Licenza libre

[editar]
Artigo principal: Wiktionary:Verificabilidade

Todas as contribucións ao Galizionario son realizadas baixo a licenza GFDL. Isto asegura que os contidos do Wiktionary poden distribuírse libremente para sempre. Non publique ningún contido que teña todos os dereitos reservados sen permiso do propietario destes. Ademais, o Galizionario non é unha fonte primaria, polo que os seus contidos deben ser verificables.

Respecto

[editar]
Artigo principal: Wiktionary:Normas de conduta

O respecto é moi importante no Wiktionary; non pode funcionar sen as regras de respecto mutuo e a cortesía practicadas por todos. Asuma unha postura de boa fe cando discorde con outro usuario, permaneza tranquilo e discuta as cousas civilizadamente. É unha boa práctica proporcionar un resumo (na caixa resumo que está embaixo da caixa de edición) ao corrixir unha páxina, que explique os cambios e axude a aceptar a necesidade deses cambios. Se atopa que a súa edición é retirada ou modificada, comprobe o historial da páxina, a súa páxina de conversa, ou a páxina de conversa do artigo para saber se hai razóns que o xustifiquen.

Non desacougue

[editar]

Se, por algún motivo, se ve metido en conflitos nas súas primeiras incursións, por favor, non abandone. En calquera proxecto de colaboración hai un proceso de aprendizaxe. Utilice o material de axuda que hai neste wiki para resolver os problemas e para aprender a ser un colaborador activo e produtivo. Se hai algunha cousa que non entende, pode comentalo na zona de conversa da comunidade, a Taberna. Alí pode deixar unha mensaxe e de seguro que alguén quere axudarlle a resolver todas as dúbidas ou problemas que teña. Divírtase editando!

É preciso rexistrarse?

[editar]
Artigo principal: Axuda:Como rexistrarse

Non é preciso, non obstante existen vantaxes para vostede e para a comunidade se se rexistra:

  1. O seu nome constará na lista de colaboradores, así como a súa páxina de usuario.
  2. A comunidade poderá saber quen é vostede, facilitando tamén a tarefa dos administradores, que verifican constantemente se están ocorrendo actos de vandalismo.
  3. Se está rexistrado, poderá modificar as súas preferencias de usuario.
  4. Poderá participar en votacións e todo tipo de decisións que se tomen no wiki, e a súa opinión contará en todos eses casos.
  5. As súas contribucións poderán verse nas páxinas de estatísticas.
  6. Se algún usuario lle deixa unha mensaxe, o sistema wiki avisarao e permitiralle acceder directamente ao comentario.

A súa identidade real queda sempre salvagardada. Para rexistrarse só ten que elixir un alcume e mais un contrasinal. Pode, se o desexa, indicar o seu correo electrónico (é optativo), aínda que é conveniente, xa que se esquece o contrasinal, poderáselle enviar outro. Para rexistrarse só ten que acceder ao formulario de rexistro. Lembre crear a súa páxina de usuario e entrar acceder ao sistema cada vez que modifique algunha páxina.



Frecha. Volver á páxina de Axuda.