Axuda:Procura
Aparencia
Se pretendes realizar unha busca no Wiktionary, considera que hai tres alternativas para localizar os contidos desexados:
- Escribindo no oco de procura e premendo artigo (leva á entrada do mesmo título se existe na base de datos) ou procura (fai unha busca nas entradas que inclúen o termo procurado, ben sexa no título ben sexa no contido).
- Buscando a partir das categorías. As categorías organizan os artigos tematicamente, polo que permiten navegar organizadamente e acceder asemade á información relacionada con aquilo que se busca.
- Buscando aquí podes listar as entradas do Wiktionary, sendo especialmente útil se queres editar porque atoparás todas as páxinas contidas no proxecto dun xeito máis global, e non só os artigos, senón tamén outras como os modelos (templates).
Os usuarios rexistrados e administradores animámoste a colaborar e corrixir os nosos artigos (que se fai coa lingüeta "editar" na parte superior das páxinas) e mesmo introducir novos artigos.
Volver á páxina de Axuda. |