óblast

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «óblast».
As 35 óblast do Imperio ruso en 1914
  • Pronuncia: /ˈo.β̞last̪/ (AFI)

Substantivo feminino

óblast (sg: óblast; pl: óblasts)

  1. Óblast (en ruso область, en ucraíno область, en búlgaro о́бласт, en belaruso вобласьць, transcrito voblasts) é o nome das entidades subnacionais de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existiren tamén na antiga Unión Soviética. As óblast están nun nivel por debaixo do nacional, e divídense en entidades chamadas raions ou rayony (en ruso районы; en ucraíno райони). A palabra óblast pode traducirse por "rexión" ou "provincia", segundo os casos.