ático
Aparencia
Galego

Etimoloxía: do grego antigo Ảττικός.
Pronuncia: /ˈatiko̝/ (AFI)
ático (sg: ático; pl: áticos)
- (Xentilicio) Habitante ou natural da Ática.
- (Historia, Lingüística) Forma do grego antigo que se falaba na Ática na época clásica.
- (Arquitectura) Construción practicada sobre a cornixa dun edificio para tapar o comezo do teito ou como adorno do mesmo edificio.
- (Arquitectura) Último piso dun edificio, xusto debaixo dun teito.
- (Arte, Relixión) Parte superior sobre a rúa central dun retablo.
- Exemplo: Fíxate nese San Martiño no ático do retablo.
- Exemplo: Fíxate nese San Martiño no ático do retablo.
Traducións
ático (sg: ático; pl: áticos)
- Relativo ou pertencente á Ática.
- (Historia) Relativo á antiga Ática, Atenas e os atenienses.
- Dise do estilo literario ou artístico simple, puro e elegante.
Traducións
Termos relacionados
Referencias
- «ático» no DIGALEGO, Ir Indo.
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para ático.
