xuízo universal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Xuízo Final, de Miguel Ángel (1537-1541), na Capela Sixtina

Locución substantiva masculina

  1. (Dereito) Xuízo que ten por obxecto a liquidación e partición da totalidade do patrimonio dunha persoa entre todos os seus acredores ou dunha herdanza entre todos os herdeiros e legatarios.
  2. (Relixión). No cristianismo, xuízo de Xesucristo a toda a humanidade na fin dos séculos.