universal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

universal (sg: universal; pl: universais)

  1. Do Universo, relativo ao conxunto da materia que existe no espazo e no tempo.
    • Exemplo: A lei da gravitación universal. O xuízo universal

      .
  2. Que abarca todo o mundo, entendido este como a Terra e os seus habitantes.
    • Exemplo: Cervantes é un autor de fama universal. Historia universal. Xeografía universal. O diluvio universal

      .
  3. Que serve para unha xeneralidade de usos, circunstancias e persoas.
    • Exemplo: Nos Estados Unidos non hai un Sistema Sanitario universal

      .
  4. (Filosofía) Que concirne ou é común á totalidade de individuos dunha clase.
    • Exemplo: Conceptos universais

      .
  5. (Lingüística) Propiedade común a todas as linguas.
    • Exemplo: Os universais da linguaxe

      .

Substantivo masculino

  1. (Filosofía) Concepto ou idea que se refire ou é aplicable a todos os individuos da mesma clase, xénero ou especie.
    • Exemplo: O problema dos universais foi unha das grandes controversias que caracterizaron o pensamento medieval

      .

Termos relacionados

articulación universal, atracción universal, cuantificador universal, despacho universal, doador universal, herdeiro universal, historia universal, lei universal, panacea universal, proposición universal, receptor universal, remedio universal, sucesión universal, sufraxio universal, xuízo universal