química
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Substantivo feminino
química (sg: química; pl: químicas)
- Ciencia que estuda a constitución, transformación e combinación de substancias. Déronlle o Nobel pola súa contribución ó progreso da química.
- Química inorgánica. A que estuda os corpos que non teñen carbono entre os seus componentes.
- Química orgánica. A que estuda os compostos de carbono, elemento contido nos seres vivos.