persoal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /peɾ.so.'al/ (AFI)

Adxectivo

persoal (sg: persoal; pl: persoais)

  1. Pertencente ou relativo á persoa.
  2. Que é propio dunha persoa determminada, ou que pertence ou concirne unicamente a unha persoa.
    • Exemplo: Cunqueiro tiña unha maneira moi persoal de escribir.

  3. (Deportes) En baloncesto, falta na que incorre un xogador ao tocar ou empurrar a outro do equipo contrario para impedir unha xogada.
    • Exemplo: O base do equipo local cometeu a quinta falta perosal, polo que foi expulsado

      .
  4. (Gramática) Relativo ou pertencente ás persoas gramaticais.
    • Exemplo: Deíxe persoal

Observacións

Naacepción úsase tamén como substantivo: A última persoal que lle sinalaron ao pivote non foi tal.

Substantivo masculino

persoal (sg: persoal; pl: persoais)

  1. Conxunto de persoas que traballan nunha mesma empresa, establecemento, organismo, fábrica, taller, etc.
    • Exemplo: O enpresario dixo que tiña que reducir o persoal debido á escaseza de materias primas

      . SINÓNIMO cadro de persoal
  2. (Coloquial) Conxunto de persoas, xente.
    • Exemplo: Canto persoal hai nesta taberna!

Observacións

Naacepción seu sinónimo é cadro de persoal.

Termos relacionados

alusión persoal, cadro de persoal, cédula persoal, computadora persoal, defensa persoal, dereito persoal, desgraza persoal, ecuación persoal, estatuto persoal, forma non persoal, forma persoal, prelatura persoal, prestación persoal, privilexio persoal, pronome persoal, sinais persoais.