nóumeno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nóumeno».
O termo νοούμενoν ("noúmeno"), creado por Platón para definir unha especie intelixíbel ou idea que indica todo aquilo que non pode ser percibido, recuperouna Kant para indicar que detrás dun fenómeno pode existir unha estrutura non perceptíbel directamente.
  • Pronuncia: /'now.me.no/ (AFI)

Substantivo masculino

nóumeno (sg: noúmeno; pl: noúmenos)

  1. (Filosofía) O nóumeno, ás veces escrito noúmeno, na filosofía de Immanuel Kant, é un termo que se introduce para referirse a un obxecto non fenoménico, é dicir, que non pertence a unha intuición sensíbel, senón a unha intuición intelectual ou suprasensíbel, en oposición a fenómeno ou, dito doutro xeito, unha realidade intelixíbel nela mesma, tal e como é, por oposición á que se coñece por medio dos sentidos.
    • Exemplo: Para os racionalistas o nóumeno constitúe a única realidade absolutamente cognoscíbel

      .
  2. (Filosofía) Cousa en si, realidade hipotética independente das posibilidades do coñecemento humano.

Antónimos