mar enorme
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
galego
Expresión
mar enorme
- (Mariña) Estado do mar de grao 9, segundo a escala Douglas no que as ondas tornan tan altas que por veces as naves á vista desaparecen nos seus senos. O mar está cuberto de escuma branca disposta en bandas na dirección do vento e o ruído que se produce é forte e enxordecedor. O aire está tan cheo de salseiro, que a visibilidade dos obxectos afastados faise imposible. Acada ondas de máis de 14 metros.
Traducións
- inglés:phenomenal sea
- portugués:mar desencontrado
- castelán:mar enorme
- francés:mer enorme
- catalán:mar enorme
- italiano:mare tempestoso

