maquía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

maquía (sg: maquía; pl: maquías)

  1. (Etnografía) Cantidade de millo ou fariña que cobra o muiñeiro polo uso do muíño.
    • Exemplo: Muíño parado non gana maquía.

    • Sinónimos: copo
    • Termos relacionados: moer, muíño
  2. (Etnografía) Medida de capacidade que vén equivalendo á sexta parte dun ferrado, utilizada para medir gran.
    • Exemplo: Tódolos anos tiñan que pagar unha maquía de millo ó abade, aínda que non tiveran para eles

      .
  3. (Etnografía) Caixón, usualmente de madeira, para medir esta medida de capacidade.

Traducións