millo
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Etimoloxía: do latín milium, -ii con palatalización de lateral alveolar.
Pronuncia: /ˈmi.ʎo/, /ˈmi.ɟo/ (AFI)
Substantivo masculino
millo (sg: millo; pl: millos)
- (Botánica) Planta da familia das gramíneas, con talo recto e follas lanceoladas, cultivada polos seus grans e para forraxe.
- (Botánica) Millo miúdo.
- (Botánica) Gran destas plantas.