fórmula vertebral
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈfɔɾmula beɾteˈβɾal/ (AFI)
fórmula vertebral (sg: fórmula vertebral; pl: fórmulas vertebrais)
- (Anatomía e zooloxía) Expresión mediante símbolos e números do número de vértebras do home ou de calquera animal vertebrado. No home é C7D12L5S5C4 = 33, no que o primeiro C indica cervicais; D, dorsais; L, lumbares; S, sacras e o último C, coccíxeas.