lumbar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

Columna vertebral humana

singular plural
masculino lumbar lumbares
feminino lumbar lumbares


  • Etimoloxía: do latín lumbus, "lombo"
  1. Relativo ó lombo, parte posterior do corpo.
  2. Relativo á zona inferior do dorso, especialmente á parte correspondente ós riles.
    • Exemplo: Para un diagnóstico exacto precisamos facer unha punción lumbar.

  3. Relativo ó grupo de 5 vértebras que seguen ás vértebras torácicas. Son as máis móbiles de toda a columna vertebral.

Traducións