fórmula cromosómica
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de fórmula e cromosómica.
- Pronuncia: /ˈfɔɾmula kɾomoˈsɔmika/ (AFI)
fórmula cromosómica (sg: fórmula cromosómica; pl: fórmulas cromosómicas)
- (Xenética) Expresión abreviada da constitución cromosómica dun núcleo diploide, na que se indica o número e a forma dos cromosomas emparellados. Nelas empréganse as letras l, m e p para referirse, respectivamente, aos cromosmas longos (longus), medianos (minus) e pequenos (parvus). Cando calquera destas leva apóstrofo (´) enténdese que o respectivo cromosoma posúe un satélite.
- Termos relacionados: cariotipo, fórmula, fórmula xenética.