expandir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /eks.paŋ.'diɾ/ (AFI)

expandir

Verbo transitivo

  1. Facer que algo aumente de tamaño.
    • Exemplo: A calor expandiu un pouco as vías do tren.

  2. Difundir ou propagar algo, como unha nova ou unha idea.
    • Exemplo: O novo partido non puido expandir o seu programa por falta de cartos.

  3. Estender algo, ou facer que ocupe máis espazo.
    • Exemplo: O goberno deseñou programas para expandir o benestar da poboación.

Sinónimos

difundir, divulgar, espallar, propagar

Verbo pronominal

expandirse

  1. Ir a máis unha cousa ou ocupar máis espazo.
    • Exemplo: O fume expandiuse por todo o monte.

  2. Chegar unha cousa a máis persoas ou lugares.
    • Exemplo: A noticia expandiuse rapidamente por todo o país.

Sinónimos

difundirse, divulgarse, espallarse, propagarse