esqueleto
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo masculino
| singular | plural |
| esqueleto | esqueletos |
- (Anatomía) Conxunto de ósos que sosteñen e protexen as partes brandas do corpo.
- Observacións: cumpre ademais outras funcións: serve de punto de inserción para a musculatura, produce os glóbulos vermellos (na medula ósea) e actúa de reserva de calcio e outros minerais.
- Sinónimos: osamenta.
- Termos relacionados: aparato locomotor, articulación, cartilaxe, óso.
- (Zooloxía) Coberta dura, normalmente de natureza quitinosa que cobre o corpo dalgúns animais invertebrados.
- (Figurado) Armazón que soporta os edificios.
- (Figurado) Persoa moi fraca.
- Termos relacionados: estar nos ósos, quedar nos ósos.
Traducións
- Alemán: Skelett (de).
- Castelán: esqueleto (es).
- Esloveno: okostje (sl), skelet (sl).
- Francés: squelette (fr).
- Inglés: skeleton (en).
- Italiano: scheletro (it).
- Portugués: esqueleto (pt).
Véxase tamén
- Na wikipedia esqueleto