eritropoese

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

eritropoese (sg: eritropoese; pl: eritropoeses)

  1. (Fisioloxía e hematoloxía) Conxunto dos procesos celulares que conducen á formación de hemacias a partir de células multipotenciais. Nas etapas intrauterinas finais, estes procesos prodúcense no fígado e no bazo, pasando despois á medula ósea; no adulto prodúcese normalmente na medula ósea hematopoética (no esterno, costelas, vértebras e epífises dos ósos longos); en patoloxía, pode realizarse de maneira ectópica no bazo ou no fígado.