drama

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «drama».
Representación dunha escena da peza de William Shakespeare Ricardo III
  • Pronuncia: /'dɾa.ma̯/ (AFI)

Substantivo masculino

drama
(sg: drama; pl: dramas)

  1. (Arte) e (Literatura) Obra literaria escrita para ser representada ante un público.
    • Exemplo: Este autor xa leva escrito cinco dramas.

  2. Obra de teatro ou de cine na que as accións tráxicas van acompañadas de elementos cómicos.
    • Exemplo: Este drama reflicte os problemas económicos dunha familia.

  3. Xénero literario formado polas obras que se escriben para seren representadas.
    • Exemplo: Vanme máis os dranas que as comedias.

  4. Acontecemento ou suceso dramático da vida real
    • Exemplo: A primeira guerra mundial foi un drama que deixou marcada a moita xente.

  5. (Historia) Na antiga Grecia, representación mimética de carácter relixioso ou teatral.

Termos relacionados

drama escolar, drama litúrxico, drama satírico, facer un drama