directo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /di.ˈrek.to/ (AFI)

Adxectivo

directo (ms: directo; mpl: directos; fs: directa; fpl: directas)

  1. Que está ou vai en liña recta, sen dar voltas.
    • Exemplo: Este camiño vai directo á vila.

  2. Que se fai sen intermediarios, en persoa.
    • Exemplo: O conselleiro dixo que promovería a venda directa, do agricultor ao público. Tiven pouco trato directo con el

      .
  3. Que non se detén, que non fai paradas.
    • Exemplo: O transbordador vai directo de Cádiz ás Canarias

      .
  4. (Figurado) Sen rodeos.
    • Exemplo: Vouche facer unha pregunta directa, tes moza?

Observacións

Termos relacionados

acción directa, complemento directo, democracia directa, estilo directo, imposto directo, liña directa, movemento directo, obxecto directo, tiro directo, tradución directa.