recto
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Adxectivo
- Liña que non se desvía.
- (Figurado) Honesto, que cumpre os seus compromisos e coa súa conciencia.
- Exemplo: Xa non quedan homes rectos.
- Sinónimos: honesto, incorruptible, íntegro
- (Figurado) Sentido directo, literal, verdadeiro, dunha palabra, frase ou acción.
- Exemplo: Cómpre distinguir entre o sentido recto e o figurado deste refrán.
- Sinónimos: literal
- Ángulo que ten 90º.
Traducións
Substantivo masculino
| singular | plural |
| recto | rectos |
- (Anatomía) Terceira e última parte do intestino groso, comprendida entre o colon e o ano.
Traducións
portugués
recto
- recto.