chicharro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «chicharro».
Chicharros
  • Pronuncia: /t͡ʃiˈt͡ʃaro̝/ (AFI)

Substantivo masculino

chicharro (sg: chicharro; pl: chicharros)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño, de nome científico Trachurus trachurus, pertencente á familia dos Carangidae. Peixe fusiforme e algo comprimido. O seu dorso é negro azulado ou verdoso, con flancos prateados e ventre brancuxo. Ten unha mancha negra na marxe superior do opérculo. As aletas son grises e vermellizas. De adulto adoita alcanzar unha talla media de 20 a 30 cm aproximadamente. O tamaño máximo pode chegar até 70 cm e 2 kg de peso.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén