cabalete
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Etimoloxía: de cabaloPronuncia: aínda non temos a pronuncia desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.
Substantivo masculino
| singular | plural |
| cabalete | cabaletes |
- Obxecto formado por unha peza horizontal sostida por pés.
- Armazón de tres pés empregada para pintar cadros ou lenzos.
- Cumio dun tellado dividido en dúas augas.
- Mollos colocados oblicuamente e que fan unha forma cónica; meda.
- Peza da caneta do muíño.
- Antigo instrumento usado nas torturas.