bordón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Relevo do século XV coa figura dun peregrino co seu bordón (Museo Arqueolóxico de Santo Antón (A Coruña))
  • Pronuncia: /boɾˈðoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

bordón (sg: bordón; pl: bordóns)

  1. Bastón no que se apoia o peregrino na súa andaina, co que se defendía de animais e salteadores.
    • Adoitaba ser tanto ou máis alto que quen o leva, estar arqueado na parte superior ou estar rematado por un pomo; do bordón penduraba unha cabaza.
    • Sinónimos: bastón, caxato.
    • Exemplo: No Códice Calixtino descríbese o bordón como o terceiro pé do peregrino e a súa defensa contra lobos e cans.

  2. (Música) Nos instrumentos musicais de corda, corda grosa que fai o ton máis baixo.

Traducións