arxila

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «arxila».
Arxila do Xurásico en Inglaterra
  • Pronuncia: /aɾ.ˈʃi.lɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

arxila (sg: arxila; pl: arxilas)

  1. A arxila é unha rocha sedimentaria composta de agregados de silicatos de aluminio hidratados procedentes da descomposición de rochas que conteñen feldespatos, como o granito. Presenta diversas coloracións segundo as impurezas que contén, desde a vermella alaranxada até a branca.

Termos relacionados

argamasa de arxila