aa
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
| Grafías semellantes: AA |
Táboa de contidos |
Abreviatura
- Abreviatura do idioma afar, segundo o código ISO 639.
Galego
aa1
Etimoloxía: de 'a'ā (voz hawaiana).
Substantivo feminino
aa (sg: aa; pl: aas)
- (Xeoloxía) Terreo volcánico formado por unha lava áspera e escoriácea, semellante a un campo de escoura de ferro.
- Exemplo: Nos países de fala española os campos de aa reciben o nome canario de malpaís.
aa2
Abreviatura
- (Medicina e farmacia) Abreviatura de aná, empregada nas receitas e fórmulas maxistrais, que significa "a partes iguais".
Observacións
Tamén pode grafarse AA.