Garda Pretoriana

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Garda Pretoriana».
Proclamando Emperador a Claudio,
de Lawrence Alma-Tadema, c. 1867.

Locución substantiva feminina

Garda Pretoriana

  1. (Historia) e (Exército) Corpo militar que servía de escolta e protección aos emperadores romanos, corpo de elite do exército, mellor preparados, e pagados, que os lexionarios, que permaneceu durante máis de tres séculos até a súa disolución por Constantino, no ano 312 d.C.
    • Exemplo: En tempos de Augusto o soldo base anual de cada membro da Garda Pretotiana era de 3.000 sestercios, mentres que un lexionario cobraba 900

      .
  2. Individuo deste corpo.
    • Exemplo: Os gardas pretorianos elixiron a Claudio como emperador, despois de asasinar a Calígula.

Observacións

O nome desta institución escríbese con maiúscula. O dos membros, con minúscula.