Conversa ficheiro:gl-e.ogg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Non semella moi representativo da realización do «e». Parece máis ben un [e] pechado. [ Furagaitas * ] 00:16, 23 de abril de 2012 (UTC)

A pronuncia non é o meu punto forte, así que preguntei na rolda de Trasno. O único compañeiro que se pronunciou de momento está de acordo contigo. Supoño que o ideal sería que se gravase ben e substituír o ficheiro en Commons (anímaste? :D). Senón, sempre podemos cambiarlle o nome na Commons a «gl-e pechado.ogg» para deixar libre o «gl-e.ogg» para o futuro. — GallaecioE logo? 20:33, 23 de abril de 2012 (UTC)
Segundo o dicionario de pronuncia, "eh" pódese realizar /ˈɛ/ ou /ˈe/. De todas formas, o do exemplo parece algo curto para representar unha interxección.
Animaríame, pero non creo que a miña entoación sexa a máis representativa. Penso que é algo complicado, xa que é unha mostra do galego oral, e creo que debería ser máis ben conservadora. Gústanme bastante os ficheiros de Sara Barreiro, mágoa que non se poidan conseguir máis. [ Furagaitas * ] 23:45, 23 de abril de 2012 (UTC)