Conversa:carballiñés

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Non se poden aceptar os termos carballinés ou carballinense para o xentilicio: son castelanismos, e o topónimo oficial e, tamén popular, é O Carballiño polo que o único nome válido para os naturais ou/e habitantes da vila, concello ou comarca homónima ten que ser carballiñés e carballiñesa. O anterior comentario fíxoo 77.27.200.194 (disc. • contribs) ás 11:59 do 26 de abril de 2010.

Grazas pola túa achega. Xa movín carballinés a carballiñés conforme á nosa principal referencia de léxico, o VOLGa. Porén, unha das nosas principais fontes de toponimia avala as formas carballinés e carballinense. [ Furagaitas * ] 12:16, 26 de abril de 2010 (UTC)