vietnamita
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /bjɛtnaˈmita̝/ (AFI)
vietnamita
- (Linguas do mundo) Lingua tonal, é a lingua oficial de Vietnam (Việt Nam). É a lingua do pobo vietnamita (người Việt ou người kinh), que constitúe arredor do 87% da poboación de Vietnam (e segundo idioma do resto da poboación vietnamita), ademais de selo de 2 millóns de emigrantes vietnamitas. Aínda que contén moito vocabulario provinte do chinés, e que foi no pasado escrito usando os ideogramas chineses, non é considerado como emparentado ao chinés senón como unha lingua austroasiática. Antigamente foi coñecido, baixo a dominación francesa, como Annamita. O vietnamita actualmente usa o alfabeto latino, complementado cunha chea de acentos diacríticos.