Saltar ao contido

trompeta amarela

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «trompeta amarela».

Locución substantiva feminina

trompeta amarela (sg: trompeta amarela; pl: trompetas amarelas)

  1. (Botánica) (Alimentación) Cogomelo do xénero Craterellus da familia Cantharellaceae. De chapeu moreno agrisado, nun principio convexo-umbilicado e despois embutiforme, de 3 a 6 cm de diámetro e marxe moi ondulada. A cara inferior, que é de cor laranxa suave, primeiro lisa e despois veada, sen láminas definidas, únese sen solución de continuidade co pé, da mesma cor. Vive nos bosques de piñeiros, principalmente nos de piñeiro rubio, e é bo comestible.

Sinónimos

Nome científico

Traducións