sollo
Aparencia
Galego
sollo1
sollo (sg: sollo; pl: sollos)
- (Zooloxía, Alimentación) Peixe pleuronectiforme da familia Scophthalmidae. O seu corpo é de forma oval, a pel lisa, sen tubérculos cutáneos e ambos lados do corpo cubertos por pequenas escamas. A cor varía, sendo habitualmente marrón clara ou escura, con moitas manchas escuras e claras distribuídas irregularmente sobre o corpo. A cara cega é branca, en ocasións con manchas máis escuras. Atópase polo Atlántico oriental, desde o norte de Marrocos até Islandia, incluíndo o mar Mediterráneo e o mar Negro.
- Sinónimos: curuxo.
- Nome científico: Scophthalmus rhombus.
- (Zooloxía, Alimentación) Especie de peixe condrósteo da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, quizais a especie máis representativa do xénero Acipenser. Peixe de gran tamaño: describíronse exemplares de até 5 e 6 m de lonxitude, con pesos de até 1 000 kg, e que podían alcanzar os 100 anos de idade. Pasa a maior parte da súa vida no mar, habitualmente en augas costeiras pouco profundas, onde se alimenta de peixes e outros animais bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterra co seu fociño.
- Sinónimos: esturión.
- Nome científico: Acipenser sturio.
Traducións
Scophthalmus rhombus
|
Acipenser sturio
|
sollo2
sollo (sg: sollo; pl: sollos)