seguridade alimentaria

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Inspección veterinaria nun matadoiro de gando porcino
  • Etimoloxía: de seguridade e alimentario, -a

Locución substantiva feminina

  1. (Veterinaria, Medicina) Conxunto de procedementos e programas que a industria alimentaria debe implementar durante a obtención, elaboración, almacenamento e distribución dos alimentos para garantir a prevención de calquera forma de contaminación que poida provocar enfermidades de orixe alimentaria.
  2. (Economía) Disponibilidade suficiente de alimentos inocuos e nutritivos , de forma estable ó longo do tempo, para satisfacer as necesidades da poboación.
    • Exemplo: A seguridade alimentaria é unha parte fundamental dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Traducións