rilón
Aparencia
Galego
rilón (sg: rilón; pl: rilóns)
- Dise da persoa que é molesta por pedir algo con insistencia. Tamén substantivo.
rilón (sg: rilón; pl: rilóns)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Especie de elasmobranquio carcarriniforme (Carcharhiniformes), da familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae). De corpo alongado e afiado de até 1 m de lonxitude como máximo, e un peso máximo de 800 g, de cor gris amarelada con pequenas manchas pardas, pretas e, en ocasiós, brancas, pola zona ventral abrancazada.
- Nome científico: Scyliorhinus canicula.
- Sinónimos: cazacú, melgacho.
- (Alimentación) (Ictioloxía) Especie de peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) e familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae), común no litoral europeo e do norte de África. É un pequeño tiburón de pel relativamente áspera e coloración amarelada con manchas circulares de cor parda escura.
- Nome científico: Scyliorhinus stellaris.
- Sinónimos: patarroxa, rañorte.
- (Ictioloxía) Liña lateral presente en peixes, como órgano sensorial, composta por escamas modificadas e ás veces cuberta por pequenos elementos óseos.