responsábel
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín medieval responsabilis, 'que precisa resposta', e este derivado do latín responsāre, 'responder'.
- Pronuncia: /res.pon.ˈsa.βel/ (AFI)
responsábel
(sg: responsábel; pl: responsábeis)
- Que está obrigado a responder de algo ou de alguén.
- Que é o causante de algo.
- Que se preocupa por cumprir coas súas obrigas.
- Que debe dar explicacións do que fai ante algo ou alguén.
Observacións
Na 1ª e na 2ª acepcións tamén se usa como substantivo.